prema nos botóns se che gusta e desexas comparti-lo, moitas grazas

13 noviembre 2011

Problemas con www.esnips.com non funcionan os links

Hai uns días quixen mandar un mp enviando un mozo/home, a unha usuaria dun foro onde estou inscrita.

Cal é a miña surpresa o enviarme a sua resposta dicindo que non podía descargar o neno, aloxado en esnips cando eu estando ca sesión activa si podía.

O caso é que probei a descargares ese mesmo neno sen iniciar sesión e nada, non puiden. Pra estares segura probei a descargares outros sims que non son meus e sei os enlaces. Tampouco puden facelo.

Así que tomei unha decisión, mudar todo o que teño na miña conta de esnips pra outro servidor gratuito e mais fiable.

Cando teña todo listo editarei os post que conteñen Sims, obxectos, e solares pra poñer os novos enlaces de descarga.

Ase mesmo non actualizarei con descargas novas ata que non remate a mudanza de servidor.

Sinto os problemas que poidan causar aos usuarios que  visitan o blog e desexan descargar os meus nenos.

Avisarei cando tudo isto esté xa feito e listo.
 
Moitas grazas pola paciencia. agora toca o traballo duro de mudar as descargas pra telas outra vez activas no menor tempo posible.

Un saúdo

Ledi DeLioncourt

No hay comentarios:

Publicar un comentario