prema nos botóns se che gusta e desexas comparti-lo, moitas grazas

29 abril 2012

3 anos, coma pasa o tempo.....

3 anos, coma pasa o tempo....

Hoxe Ledi's Creations, está de cumpreanos. O 29 de abril de 2009, naceu meu neno, este blog, feito con moita ilusión e un lugar onde poñer as miñas creacións cos meus píxeles adorados: as miñas familias de Villa Blackwood, Sims, cores de pelos, cadros, e solares

Neste tempo Ledi's creations foi crecendo pouco a pouco, dende as 11 entradas/descargas no 2009 ata as 243 que foron publicadas ao longo do 2011 e máis  que penso publicar neste 2012...  isto ainda non rematou

Ao longo do tempo, houbo cambios de look e melloras no blog, sempre pensando nos simmers pra que sexa mais doada a visualización e procura dos downloads e non tolear co deseño, procurando/buscando os downloads ao longo do contido do blog

Quero dar as grazas a todos e cada un dos seareiros e visitantes deste humilde anaco do mundo sim e compartires as miñas locuras

¿Un anaco de tarta? A DISFRUTALA!


Moitas grazas a todos e.....

¡FELIZ CUMPREANOS!

Ledi DeLioncourt

No hay comentarios:

Publicar un comentario